Este Xaneiro no taller grandes sorpresas ademáis da programación habitual cos nosos obradoiros de textil este mes comenzamos co Ffotocreativa LAB
Que é?
Ffotocreativa Lab é un laboratorio para explorar as identidades das mulleres desde a propria experiencia e o propio corpo.
Utilizaremos como base a fotografía para construir as nosas narrativas desde os soños, a memoria e os deseos de futuro.
Empregaremos técnicas fotográficas, en particular, o auto-retrato e a transferencia de imaxes a diferentes materiais.
Esta é unha actividade de nivel inicial-básico onde todas iremos aprendendo xuntas e dándolle forma segundo o noso proceso creativo se desenvolva.
Cada sesión terá unha parte de introducción, unha parte práctica e unha parte de posta en común, sendo a parte práctica a central.
O custe por sesión será de 5€ para cubrir os gastos dos materiais básicos e do local. O principal é que todas podamos formar parte e aprender as unhas das outras.
Datas e horario
Sábado 31 de Xaneiro, de 17 a 20h.
Sábado 28 de Marzo, de 17 a 20h.
Sábado 30 de Maio, de 17 a 20h.
Onde?
No local de elaboración textil na Rúa Vilar Chao, 5, na Gaiteira (A Coruña)
Información: fotoeducagaliza@gmail.com
inscripcións aqui: http://goo.gl/forms/Y5sVusOzgI