Hoxe pola mañá comezamos este curso intensivo de Cadrados de Crochet, de novo trocando tempo cas agarimosas amigas de Polka Dots, aquí vos deixamos as imaxes da primeira sesión!
Cadrados de Crochet
Por petición popular facemos un obradoiro INTENSIVO de cadrados de crochet.
O Crochet ou ganchillo é unha das técnicas manuais máis viciosas que coñecemos, engancha como os mellores xogos de atari. Con este curso intensivo de cadrados de crochet sairás de Polka Dots sabendo facer ganchillo e ademáis uns bonitos cadrados para decorar as paredes da túa casa, facer unha manta e un sinfín de aplicación que nunca imaxinarías.
Os materiais non están incluidos no prezo deste obradoiro terás que traer unha agulla de ganchillo e lás de cores (serven restos).
Será na bonita tenda Polka Dots, situada na rúa Fita nº4, entre as rúas do Orzán e a estreita de Santo Andrés.
CADRADOS DE CROCHET
Cando: mércores 24 e 31 de outubro
hora: de 11 a 13h
coñecementos previos: non son necesarios comenzaremos de 0
prezo: 25€
materiais: agulla de crochet (ganchillo) e lá
inscripcións: finalizado prazo de matrícula
novos cursos en POLKA DOTS
Este outono comezamos unha nova etapa colaborando coas nosas amigas da tenda Polka Dots, situada na rúa Fita nº4, entre as rúas do Orzán e a estreita de Santo Andrés.
Este é un curso de Costura Práctica, pensado para xente que non ten nin idea de costura, comezaremos polo máis básico para ir elevando o nivel en función das aptitudes dxs nosxs alumnxs.
Con este obradorio poderás solucionar
os desperfectos producidos nas materias textís dunha forma fácil e rápida
facendo uso dos novos productos disponibles nas mercerías (pegamentos textís,
fliselinas…etc) ademáis de aprender as técnicas para os arranxos máis comúns.
A Costura é un conceito moi amplo, variado e apaixoante ademáis dos módulos programados atenderase as suxerencias dos alumnos/alumnas na medida do
posible.
FINALIZADO PRAZO DE MATRÍCULA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)