hoxe foi a última sesión de Costura para Principiantes, e a entrega de diplomas, un grupo ben feitiño e moi aplicadas!
espero sinceramente que lles gustara moito, e sobre todo que aprenderan todo o que esperaban!!!
Moitos Bicos para todas e gracias por apuntarvos (María faltas ti nas fotos!)
Ganchillo FreeStyle
Despóis do éxito do curso de Cadrados de Crochet, voltamos co ganchillo, desta vez FREESTYLE... un obradoiro a túa medida onde poderás levar a cabo o proxecto a ganchillo que ti prefieras ou escollas, o que sempre quixeches saber do ganchillo e nunca preguntaches!!
Prazas limitadas!
GANCHILLO FREESTYLE
FINALIZADO PRAZO DE MATRÍCULA
Broches Insólitos
Insólito obradoiro onde aprenderás a facer os broches que impresionaran a todo o mundo, podes decorar a tua roupa con complementos feitos por ti mesmx
Prazas limitadas!
Prazas limitadas!
BROCHES INSÓLITOS
Cando: Venres 14 e 21 de decembro
onde: Polka Dots, r/ fita, 4, A Coruña
onde: Polka Dots, r/ fita, 4, A Coruña
hora: de 11 a 13h
coñecementos previos: non son necesarios
prezo: 25€
materiais: poñemos nos os materiais técnicos o resto o traes ti
inscripcións: aquí
Reciclaxe de Roupa
Neste tempo de crise é mais necesario que nunca saber reconvertir, reciclar e darlle nova vida as nosas prendas de toda a vida, neste obradoiro poderás sacarlle partido a toda esa roupa, que por pasada de moda, rota ou porque non te gusta, xa non te pos!
Prazas limitadas!
Prazas limitadas!
RECICLAXE DE ROUPA
Cando: Xoves 13 - 20 de decembro e 10-17-14 e 31 de xaneiro
onde: Polka Dots, r/ fita, 4, A Coruña
onde: Polka Dots, r/ fita, 4, A Coruña
hora: de 11.30 a 12.30h
coñecementos previos: non son necesarios
prezo: 45€ curso completo
materiais: trae roupa vella, fio, agullas e tesoiras
inscripcións: aquí
última sesion Cadrados de Crochet
esta foi a última sesión de Cadrados de Ganchillo, muy agradable compañía e grandes avances co crochet!
muy pronto "Ganchillo FreeStyle"
Gracias a Maite, Monica, Raquel, Esther, Iria e Pilar por apuntarvos!
1ª Sesión Cadrados de Crochet
Hoxe pola mañá comezamos este curso intensivo de Cadrados de Crochet, de novo trocando tempo cas agarimosas amigas de Polka Dots, aquí vos deixamos as imaxes da primeira sesión!
Cadrados de Crochet
Por petición popular facemos un obradoiro INTENSIVO de cadrados de crochet.
O Crochet ou ganchillo é unha das técnicas manuais máis viciosas que coñecemos, engancha como os mellores xogos de atari. Con este curso intensivo de cadrados de crochet sairás de Polka Dots sabendo facer ganchillo e ademáis uns bonitos cadrados para decorar as paredes da túa casa, facer unha manta e un sinfín de aplicación que nunca imaxinarías.
Os materiais non están incluidos no prezo deste obradoiro terás que traer unha agulla de ganchillo e lás de cores (serven restos).
Será na bonita tenda Polka Dots, situada na rúa Fita nº4, entre as rúas do Orzán e a estreita de Santo Andrés.
CADRADOS DE CROCHET
Cando: mércores 24 e 31 de outubro
hora: de 11 a 13h
coñecementos previos: non son necesarios comenzaremos de 0
prezo: 25€
materiais: agulla de crochet (ganchillo) e lá
inscripcións: finalizado prazo de matrícula
novos cursos en POLKA DOTS
Este outono comezamos unha nova etapa colaborando coas nosas amigas da tenda Polka Dots, situada na rúa Fita nº4, entre as rúas do Orzán e a estreita de Santo Andrés.
Este é un curso de Costura Práctica, pensado para xente que non ten nin idea de costura, comezaremos polo máis básico para ir elevando o nivel en función das aptitudes dxs nosxs alumnxs.
Con este obradorio poderás solucionar
os desperfectos producidos nas materias textís dunha forma fácil e rápida
facendo uso dos novos productos disponibles nas mercerías (pegamentos textís,
fliselinas…etc) ademáis de aprender as técnicas para os arranxos máis comúns.
A Costura é un conceito moi amplo, variado e apaixoante ademáis dos módulos programados atenderase as suxerencias dos alumnos/alumnas na medida do
posible.
FINALIZADO PRAZO DE MATRÍCULA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)